Sunday 12 de May de 2024

Rojo, de Mireia Miracle, no Cultura Activa de Ordes


 

As tardes en Ordes están a ser do máis creativo e divertido grazas ao programa Cultura Activa. Nesta ocasión foi o turno para a compañía Mireia Miracle, que achegou ata a alameda de Ordes o seu espectáculo Rojo. Toda unha narración escénica mediante a linguaxe clown na que se describe a historia dun clown a través do teatro xestual e a danza dun xeito vistoso, rítmico e poñendo de manifesto unha grande profesionalidade. Non falta o xogo e a interacción co público, facéndoos cómplices dunha viaxe que ninguén quere finalizar e onde todos e todas rematan tinguidos dun manto blanco de po.